O domingo 19 de outubro a Iglesia celebra o DOMUND, a Xornada Mundial das Misións, organizada por Obras Misionales Pontificias (OMP). É o día no que, dun modo especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro, o “mes das […]
Category Archives: Noticias
VISITA DA EXIPTÓLOGA MARÍA EUGENIA MUÑOZ FERNÁNDEZ
Os alumnos de 1º de ESO recibiron unha visita moi especial, este martes 14 de outubro, dentro do proxecto que están a desenvolver “ A maldición de Tutankamon”. Este proxecto ten como temas fundamentais a civilización exipcia e mesopotámica, polo tanto a charla impartida por esta exiptóloga resultou de grande interese para o noso alumnado.
María Muñoz é licenciada en Historia, con especialidade en Historia Antiga e licenciada en Filoloxía do Antigo Exipto, polo tanto era a persoa perfecta para impartir esta clase aos nosos alumnos, que estiveron moi atentos á súa explicación sobre a escritura xeroglífica e como aprender a descifrala. Conseguiron ser case uns expertos neste tipo de escritura e poñerano en práctica nos seus porfolios. Grazas a esta gran profesional por compartir connosco os seus coñecementos.
Susana Ordóñez
SEGURO POLA TUA CIDADE
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO participaron no programa”Movilidad segura e saudable” que a asociación AESLEME realiza nos centros educativos de toda España, dende fai 33 anos e no que xa participaron preto de 5 millóns de escolares.
Dende o colexio sabemos a importancia que ten que o noso alumnado coñeza os riscos e as consecuencias de condutas imprudentes, e por iso, tentamos chegar a eles a través da empatía, a educación en valores e a resiliencia.
Juan Gutiérrez responsable do programa “SEGURO POLA TUA CIDADE ” falounos dos factores de risco (peóns, ciclistas, pasaxeiros, usuarios de ciclomotor, bicicleta ou patinete eléctrico), medidas preventivas (uso de casco e cinturón..), actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes.






