O venres 26 de setembro no Colexio Maior Xelmírez participamos no Encontro de directivos de Escolas Católicas, que tivo como fío condutor o complexo e actual tema da “autoridade docente”.
As intervencións e a mesa de debate abordaron o tema desde distintas perspectivas: liderado, xurídica, administrativa, docente, familias e sindicatos… Unha xornada moi interesante, na que puidemos departir con outros docentes e equipos directivos de centros de toda Galicia.




