logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Centenario da Xeración Nós

Publicada en 30 de octubre de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Hai hoxe 100 anos, o 30 de outubro de 1920, vía a luz en Ourense o 1º número da Revista Nós, publicación pensada pola xeración das Irmandades da Fala con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político. Nos seus escasos 13 anos de vida converteuse nunha plataforma de creación interxeracional, nela participaron preto de 200 autores dun amplo abano profesional.

Trataba esencialmente dous ámbitos distintos: por un lado o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuíndo á modernización metodolóxica; e por outro lado a presentación das ideas que ían xurdindo en Europa.

O lema da Xeración Nós, e por extensión da revista, era ser “célula de universalidade” e isto traduciuse nunha enorme presenza doutras culturas na revista, especialmente das centroeuropeas e dos epicentros culturais predominantes na época.  Podemos atopar nela textos da literatura popular á par de informacións sobre literaturas europeas, textos de autores portugueses ao lado dunha tradución fragmentaria da novela Ulises de James Joyce, a primeira, cabe salientar, en realizarse no Estado español.

No noso centro temos a grande sorte de contar cunha edición facsimilar de todos os números da Revista Nós polo que podemos comprobar non só o valor dos seus contidos senón tamén contemplar o traballo artístico esquisito que Castelao imprimiu en toda a revista, desde a portada aos máis mínimos detalles de cada folla.

Na Semana Cultural do curso pasado, adiantándonos a esta celebración, puidemos gozar dunha exposición elaborada en boa parte polos alumnos de 2 de bacharelato. Se ben o centenario da revista cultural Nós foi o motivo principal, o que se pretendía coa exposición era reflectir o intenso labor cultural que se levou a cabo nesa época en ámbitos diferentes: lingua, ensino, igrexa, arte, literatura, ciencia, cine, política, teatro…

Recomendamos a visita á exposición “De Nós a nós”  na Cidade da Cultura, unha das citas culturais imprescindibles do outono de 2020.

https://www.youtube.com/watch?v=W7qOtw9vv0Y&feature=emb_logo

Begoña Campaña

Tweet
« Día da Biblioteca. Estreamos buscador!!!
Un dos nosos antigos alumnos na Real Academia Galega »

Comedor Escolar.

« ‹ de 5 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR