O pasado 29 de xaneiro tivemos unha charla-obradoiro cos alumnos de bacharelato. É unha iniciativa proposta dende o programa “A Ponte entre o ensino medio e a USC” que pareceunos interesante achegar ó noso centro. O obradoiro titulábase: “Computación evolutiva: un modelo da IA para a resolución de problemas.”
A primeira parte foi unha charla moi práctica de onde estanse a aplicar os algoritmos computacionais hoxe en día e despois puxémonos man a obra na aula de informática. Poidemos comprobar como a iteración fai posible a mellora dos vehículos e como podemos diseñalos para respostar ante condicións diferentes; diseñaríamos o mesmo tipo de coche para explorar Marte?
Ao final competimos entre nós nun xogo de evolución de alieníxenas. Houbo premios e todo!. Rimos e celebramos o éxito dos campións.
A duración do taller foi 100 minutos, pero disfrutámolo tanto que costounos despedirnos.
Agradecemos a USC que teña programas deste tipo que tanto aportan á ensinanza e nos conectan co tipo de estudos que teremos máis adiante.
María Bandín