Este venres estará con nós a Policía Local para disertar sobre unha cuestión que cada vez xurde con máis forza no seo das nosas familias. A petición do carné de conducir, o uso da moto ou do automóbil, os perigos e as posibilidades que ofrece, o consumo irresponsable do alcohol, etcétera, son algunhas das preguntas que sairán a relucir por parte de moitos pais de adolescentes. Agardámosvos!!!