A Comunidade de Internos do Seminario Menor participou hoxe na misa no Convento das Nais Mercedarias de Santiago de Compostela, que está a celebrar a novena preparatoria para a festa de Nosa Señora de Mercé. Deste xeito, comezan os seminaristas menores a coñecer as realidades eclesiais que existen na cidade do Apóstolo e tamén, deste xeito, fanse coñecer.
Con isto perséguese que os mozos se dean conta da riqueza da Igrexa, a recoñecela presente no medio do mundo, a querela mais e preguntarse que quere o Señor deles.
E é que a comunidade de mercedarias, ao igual que as outras comunidades de clausura da nosa cidade, pregan día a día, dun xeito especial pola nosa institución…