Este luns, día 16, o Sr. Reitor, no nome do Sr. Arcebispo, dou por inaugurado o curso 2019-20 no transcurso do Acto académico celebrado durante a mañá.
Nas primeiras horas da xornada, os alumnos tiveron xa un primer contacto con varios profesores para repasar o plan de convivencia e ir coñecendo a programación e criterios de avaliación das distintas materias.
Os actos principais chegarían coa celebración da Santa Misa, invocando a especial asistencia do Espírito Santo de cara ao novo curso escolar, e un sinxelo Acto académico no que o profesor Romero disertou na súa lección inaugural sobre as orixes e as consecuencias da consagración de España ao Sagrado Corazón, levada a cabo polo rey Alfonso XIII en 1919; o título da lección: Centenario dunha consagración: do rey ao Rey. Por Él e para Él.
Nestes días seguimos coas presentacións e primeiros pasos nas distintas materias, a adquisición do material escolar, etc. Non olvidemos a reunión de pais, o venres 20, ás 16:00 h, na que será presentado para as familias o calendario do curso e o funcionamento do noso centro.