Hoxe martes ás 10.30 h. tivemos unha Misa de Pascua na Capela Xeral do colexio. Na capela, a luz suave do sol entraba polas xanelas, iluminando o altar decorado con flores brancas, símbolo de pureza e resurrección. Todos os estudantes, profesores e persoal do centro reuníronse en silencio para vivir un momento de celebración da Pascua.
O Señor Reitor, coa súa habitual proximidade e sabedoría, tomou a palabra ao final da homilía, convidándonos a reflexionar sobre a mensaxe profunda desta celebración. Falounos da luz, esa luz divina que non só ilumina o noso camiño, senón que tamén habita no noso interior. “A Resurrección de Xesús”, dixo, “é un recordatorio de que todos temos dentro de nós unha luz capaz de transformar as nosas vidas e as dos demais. Só necesitamos buscala con fe e esperanza”.
Durante a celebración, pedimos ao Señor polo descanso eterno do papa Francisco e unímonos en oración, a todo o Pobo de Deus, coa esperanza na resurrección. A misa, chea de cantos e oracións, terminou cun momento de reflexión persoal.
A continuación, o alumnado e os profesores tivemos un recreo festivo con cocholate e rosca.