Hoxe, Dia Mundial do Pan, recoñecemos a importancia deste alimento básico e enxalzamos o pan galego cun menú especial que incluía a degustación de distintas variedades como o pan de broa.
Non só quixemos xerar consciencia sobre o desperdicio de alimentos e o dereito de todos a alimentos nutritivos, senón tamén poñer en valor o esforzo artesanal que hai detrás de cada barra ou molete.
Baixo esta temática foron varias as actividades especialmente deseñadas dentro do proxecto “Organizando a nosa Realidade” co que estamos traballando en 3º de ESO.




