Esta semana os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participaron no programa Educar en Xustiza, unha iniciativa promovida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que o alumnado coñeza máis sobre o funcionamento do poder xudicial. Consistiu nunha visita ao Xulgado do Penal, no que puideron asistir a varios xuízos ao longo da mañá. Ademais, tiveron a oportunidade de falar co maxistrado, co fiscal e os diferentes avogados participantes, que lles explicaron de primeira man distintos aspectos da vida xudicial.
Sen dúbida, unha mañá interesante e proveitosa.