Que fai un bibliotecario?
-Organizar e clasificar o material bibliográfico.
-Catalogar e etiquetar o material.
-Xestionar o préstamo e devolución dos libros de lectura.
-Axudar aos usuarios a atopar a información que precisan.
-Fomentar o interese pola lectura e a aprendizaxe.
-Organizar e colaborar con eventos culturais, clubes de lectura, etc.
-Manter a biblioteca limpa e organizada.
Na nosa biblioteca escolar dispoñemos dunha ampla sala de consulta e de lectura para o estudo persoal do alumnado. A sala de lectura da biblioteca está a disposición do profesorado e do alumnado sempre que se solicite dentro do horario lectivo.
Ernesto Juanatey.