logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2024-2025
    • Contacto
  • Secretaría
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais.
    • Libros de texto. Curso 2024-2025
    • Material escolar curso 2024/25.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Entrega de notas e atención ás familias.
    • Calendario Fin de Curso.
    • Instrucións ABAU.
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Viaxe a Roma 2025
    • XII Semana Cultural 2025.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
  • Pastoral
    • Calendario de actividades Curso 2024-25.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • DOMUND 2024
      • Celebración do DOMUND.
    • Día do Seminario.
    • Día da Igrexa diocesana.
  • Biblioteca

En roteiro arqueolóxico!

Publicada en 27 de noviembre de 2024 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

A excursión pedagóxica organizada para o alumnado de 1º de ESO como peche ao proxecto “Así comezou todo….” partiu desde Santiago de Compostela con destino a Cabana de Bergantiños, onde os estudantes puideron explorar dous importantes xacementos arqueolóxicos da prehistoria galega: 

O Dolmen de Dombate, unha impresionante estrutura megalítica, coñecida como a catedral do megalitismo, e o Castro de Borneiro, un asentamento celta que ofreceu aos estudantes unha visión directa da vida na Idade do Ferro.

Tras estas visitas, o grupo regresou seguindo un roteiro que lles permitiu coñecer a Ponte Medieval de Brandomil e as pisadas romanas que seguen na memoria desta localidade, un testemuño da arquitectura romana e medieval galega. 

Para culminar o percorrido, os alumnos detivéronse nas Torres de Altamira en Brión, un importante enclave  histórico e cultural, que nos permite estudar a través dos restos arqueolóxicos a importancia das fortalezas e construcións que se conservan para entender o modo de vida e a importancia da nobreza galega na Idade Media.  

Este percorrido non só foi unha oportunidade para aprender sobre a historia e o patrimonio de Galicia, senón tamén para fomentar o traballo en equipo, a observación e gozar da paisaxe e a cultura local.

O que pensan os nosos alumnos. Crónica:

“O luns 25 de novembro visitamos algún monumentos históricos na provincia da Coruña.

Estes foron: o dolmen de Dombate, o castro de Borneiro, a ponte de Brandomil e as Torres de Altamíra. Nelas coñecemos a súa historia e datos importantes.

Dende a nosa opinión o que máis nos gustou foron as Torres de Altamira, dende elas había unhas vistas moi extensas e eran realmente bonitas.

 En cada unha das nosas paradas explicábannos información acerca de cada monumento e nalgúns tiñamos que tomar notas, no Dolmen de Dombate déronos un dossier, que rematamos ao chegar á clase.

En resumo, isto sería un pouco o noso luns, relacionado co megalitismo galego e o noso proxecto.”

Martina Fontán e Lucía López .

Tweet
« Funeral de Benfeitores.
A CIENCIA MOLA. »

Comedor escolar.

Residencia.

Formación do profesorado.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
Proxecto: "O encargo dos deuses"
Día de Rosalía de Castro 2024.
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR