O Seminario Maior Interdiocesano e o Seminario Menor de Santiago celebraron o Funeral de Benfeitores.
O 18 de novembro, ás 17:30 h., na capela xeral do Seminario Menor da Asunción, celebrouse a Santa Misa solemne, presidida polo Ilmo. Sr. Vicario Xeneral da Arquidiocese, D. José Andrés Fernández Farto, en memoria dos benfeitores defuntos dos Seminarios Maior e Menor. Xunto aos equipos formativos do Seminario Maior Interdiocesano e do Seminario Menor, asistiron a esta celebración os seminaristas maiores, e o conxunto da comunidade educativa do Seminario Menor, alumnos e profesores. O Sr. Vicario Xeneral convidou aos presentes a ter un recordo agradecido para con aqueles que, coa súa oración, traballo e esforzo, contribuíron ao sostemento de ambas institucións.