logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saludo del Rector
    • Historia
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2023-2024
    • Contacto
  • Secretaria
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
    • Aberto o prazo de solicitude de becas
    • Libros de texto. Curso 2023-2024
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Biblioteca

Fin dunha etapa

Publicada en 24 de junio de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Estimado Sr. Reitor, compañeiros do equipo formativo e do claustro de profesores, persoal non docente, familias e alumnos.

Concluímos, unha vez máis, un curso escolar. Quizais, con estas tres palabras (unha vez máis), esteamos xa retratándonos ante como vivimos o presente curso: Puido ser un curso máis no medio de tantos, sen maior significación, arrastrados pola rutina de quen vai acumulando cursos sen que este destaque por nada en especial.

Mais non necesariamente ten por que ser así. Puido ser este, neste caso, un curso especial e significativo, tanto para ben como para mal.

Cada un deberá de situarse a partir da súa experiencia persoal, tras analizar como viviu nestes meses que transcorreron entre setembro do 2022 e xuño do 2023. Insisto, é unha análise persoal que cada un deberá de facer por si e para si.

Gustaríame, queridos alumnos de 4º ESO, que tamén vós fixerades balance e puiderades dicir que para vós non foi este un curso máis. A lo menos, que non foi un curso máis porque esperemos que séa este o peche dunha etapa, a da vosa Educación Secundaria Obrigatoria.

A partires de agora, en conveniencia coas vosas familias, tedes a oportunidade de continuar os vosos estudos máis aló da obrigatoriedade que marca unha lei de educación. Pasades a ser os principais protagonistas e responsables do voso proceso educativo; xa non podedes dicir que estades a estudar porque non vos queda outra.

O voso título da ESO recoñece dalgún xeito que tedes adquiridos uns coñecementos básicos para enfrontarvos á vida. Mais, se fomos quen de acompañarvos como debiamos, espero que, chegados a este punto, teñades a humildade de recoñecer que, como dicía Sócrates, a auténtica sabedoría está en recoñecer a propia ignorancia. Ou dito doutro xeito, que despois do moito aprendido e asimilado nestes anos, dádesvos conta de que é moito máis o que vos queda por aprender.

Se sodes conscientes desta máxima, confío en que tamén seades responsables á hora de elixir o voso futuro inmediato. O voso pasado, diría San Xoán Bosco, debe de ser tamén o mestre do voso futuro.

Son consciente de que isto esixe esforzo e traballo, e parece que rematando un curso, non apetece falar moito destas cousas, mais este é o momento de tomar decisións para construír non a vida de outros, senón a vosa propia historia. Non vos deixedes levar polos cansazos nin pensedes que non seredes capaces de enfrontarvos a nada, pois contades coa axuda dos que vos queren. Como dicía San Francisco de Asís: Comeza facendo o que é necesario, despois fai o que é posible e de repente estarás facendo o imposible.

E se vos equivocades, non perdades de vista que os aparentes fracasos tamén forman parte do voso proceso educativo. Tamén dos erros se aprende. Non fallei. Simplemente atopei dez mil formas que non funcionan, dicía Thomas Edison, a quen debemos tantos dos inventos do mundo moderno.

O esforzo e o traballo esixen sacrificio, pero tamén posibilitan o crecemento como persoas e como sociedade. Debo de estar disposto a renunciar ao que son para converterme no que serei, sentenciaba o gran Albert Einstein. Tamén os vermes poden chegar a transformarse en bolboretas, queridos alumnos, aínda que polo medio teñan que pasar pola fase de capullos…

Non quero pararme este ano en ningunha referencia ou alusión persoal. Para iso xa estivéchedes vós. Pero si que non me resisto a concluír esta brevísima intervención sen facervos unha última invitación sen a que tódalas demais quedarían coxas; pois ao final, o esforzo, o sacrificio, a busca da sabedoría, as oportunidades e o voso propio futuro, aínda que nos coste recoñecelo, teñen un nome e un rostro, que é Cristo, en quen Deus se manifesta.

Efectivamente, tomedes o camiño que tomedes, a vosa meta común non é outra que Deus mesmo, quen nos espera ao final do camiño. É en Cristo onde atopamos a auténtica Sabedoría, que é algo moito máis grande que a acumulación de coñecementos. É El o que se sacrificou a si mesmo para que nós tiveramos vida, e vida en abundancia; o que nos levanta en cada fracaso, o que nos empuxa a seguir e nos sostén na nosa fraxilidade.

Por iso, invítovos unha vez máis, pero como se fora esta a primeira, a derradeira, a única… a que vos deixedes iluminar e acompañar por Cristo para ser os artífices do voso futuro e do de unha humanidade nova.

Buscádeo no silencio calado da vosa oración, sabendo que aí Deus fala ó corazón como ninguén sabe falarnos. Soamente os tontos creen que o silencio está baleiro. E as veces a mellor maneira de comunicarse é calando e facendo silencio interior, dirá Eduardo Galeano.

Formádevos para dar e non soamente para recibir, como Cristo nos ensinou, e recorda que cando deixes este mundo non podes levarte nada do que recibiches, soamente o que fuches capaz de dar, como proclamaba o poberello de Asís.

Con Cristo o voso esforzo cobrará un novo sentido e tamén un novo horizonte, de tal xeito que vivindo coma El podades proclamar o que tan ben soubo entender o santo de Loiola: en todo amar e servir.

Moitas grazas e deica logo.

« Formalización da matrícula
Información do servizo de comedor. »

Xente Lendo

Entre fogóns

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR