Infórmase que desde o luns 11 de setembro comeza a funcionar o servizo de comedor para os alumnos en réxime de media pensión e internado. As quendas do comedor para este novo curso modifícanse como consecuencia do cambio de horario académico e serán de 14.30 a 15.30 horas. No caso de ausencia dalgún usuario deberá notificarse con antelación aos responsables do comedor. Para o caso de solicitar asistir ao comedor nun día ou días puntuais, debe tamén comunicarse ao administrador e aos responsables do comedor xa que está suxeito a outro réxime económico.