Como saída do proxecto “A que se aveciña“, onde traballamos os ecosistemas, que mellor experiencia que mergullarnos nas augas da nosa costa galega da man da exposición “Galiverso sumerxido”.
Unha pericia única sen neoprenos nin molladuras, a pesar de que o día estivo tan caloroso que ata nos virían ben unhas salpicaduras para completar a experiencia virtual na Cidade da Cultura.
Cerquiña pasaron golfiños entre bancos de xardiñas, atravesamos bosques do fondo mariño e atopámonos tesouros como vaixelas e barcos antiquísimos.
Unha tarde bonita e de aprendizaxe fondeado no que vimos traballando estas semanas.
María Bandín