Unha Festa da Aprendizaxe supón celebrar que aprendemos.Na Festa da Aprendizaxe os nosos alumnos comparten coa familia, cos compañeiros e mestres o proceso e resultado do proxecto interdisciplinar.
É un día moi especial para todos, para os mestres, para as familias pero sobre todo para os nosos alumnos xa que nese día realmente son eles os protagonistas. Se xa nos esforzamos en que sexan protagonistas de todo o proceso de aprendizaxe,
en fomentar unha aprendizaxe activa, na Festa da Aprendizaxe faise máis evidente, porque ese día o papel do profesor debe estar en segundo plano e ser os alumnos os que fagan, expliquen e ensinen.
Esta foi unha celebración moi especial, 1º de ESO amosou o espectacular traballo realizado con Grecia e Roma, a maqueta na que colaboraron as familias, unha graciosa obra de teatro, e moitas cousas.
2º e 3º da ESO traballaron dende o ámbito científico técnico “Que la fuerza te acompañe. May the force be with you, ” os tipos de forzas, a forza da solidaridade, as forzas aplicadas á educación física e fixeron un espectacular stop motion. Deixamos unhas fotos para que as disfrutedes.






