Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para promover a sensibilización acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto a un medio ambiente máis sostible.
Nesta 51ª edición, a campaña está centrada na restauración das terras, e a desertificación, baixo o lema:
“Nuestras tierras. Nuestro futuro. Somos la #GeneraciónRestauración”.
O Día Mundial do Medio Ambiente é só un día, pero é necesario que o conmemoremos todos os días do ano, en todos os lugares do mundo.
Todos podemos colaborar, tomando conciencia acerca da conservación do medio ambiente.
Aproveitando a conmemoración de 1986 baixo o lema «Unha árbore para a paz» , este ano e colaborando co proxecto “Voz Natura”, o noso alumnado de primaria e de secundaria plantou varios loureiros.