A partir deste mes de abril, entra en vigor o Real Decreto 315/2025, que establece novas normas destinadas a fomentar unha alimentación más saudable, equilibrada e sostible nos comedores escolares de España. Este novo marco normativo afecta a centros públicos, concertados e privados, e ten como obxectivo principal mellorar a calidade nutricional dos menús escolares, promover hábitos alimentarios saudables desde idades temperás e reforzar o compromiso coa sustentabilidade.
Coincidindo coa entrada en vigor desta normativa, o centro considerou oportuno reforzar a calidade do servizo de comedor, incorporando melloras adicionais:
Provedores de proximidade (Km 0)
• Traballásesé con provedores locais e de proximidade.
• Empregáse alimentos frescos, de temporada e de orixe próxima.
Mellora e actualización dos menús
• Revisión integral dos menús escolares, garantindo o cumprimento do Real Decreto 315/2025.
• Elaboración de menús equilibrados, saudables e atractivos para os alumnos.
Compromiso coa calidade e a sustentabilidade
• Selección de materias primas frescas e de calidade.
• Promoción dunha alimentación saudable e sostible.
Con estas medidas, o Colexio Seminario Menor da Asunción reafirma o seu compromiso co benestar e a saúde do alumnado, entendendo a alimentación como un elemento fundamental para o seu desenvolvemento e benestar diario.
Agradecemos a súa confianza e quedamos á súa disposición para calquera consulta.
A Dirección
Colexio Seminario Menor da Asunción

