Durante esta semana da Octava de Pascua, quixemos vivir a alegría do Resucitado cos nosos alumnos participando en Eucaristías celebradas nos distintos cursos da ESO e Bacharelato. Mostrando o significado dos elementos litúrxicos presentes neste tempo, acompañados da Palabra e reflexionando sobre Ela, a intención foi animar o noso alumnado no comezo deste último trimestre académico para que o esgotamento e as distintas problemáticas polas que podan estar pasando non os leven a resignación. En definitiva, para que ante o peso das súas cruces, sáibanse sostidos por una Presencia Viva que ilumina os momentos de escuridade e axuda a cargar con elas con valentía, confianza e esperanza. Porque Cristo Resucitou para mostrarnos que as inxurias, a inxustiza, as enfermidades, o sufrimento… non teñen a última palabra, senón que Él nos revelou ese triunfo definitivo do Ben e do Amor sobre os mal. Si, Cristo vive, e nas súas mans poñemos as nosas vidas para que deixándonos facer, sigamos configurando as nosas realidades e circunstancias con ese Amor que nos da vida, nos salva e nos resucita.
Dende o centro, desexamos a todos e a todas, unha feliz Pascua de Resurrección.


