Este sábado, día 9, voltaremos a facer unha das etapas do Camiño de Santiago. Percorreremos o tramo que vai dende Gondán ata Mondoñedo.
Na cidade episcopal teremos a oportunidade de visitar a catedral, engalanada con motivo do seu 800 aniversario. Foi precisamente o día no que se conmemoraba dita efeméride, cando o noso grupo comezaba a súa peregrinaxe dende Ribadeo. Oitocentos anos antes, tamén saía dende Ribadeo o bispo que iniciaría a construcción da catedral e que, posteriormente a consagraría.
Sairemos ás 8.00 h. dende o Seminario Menor de Santiago para estar de volta en torno ás 20:00 h. Prevendo que a chuvia nos vaia acompañar, non estará de máis levar roupa para cambiarse.
Coma sempre, é necesario inscribirse mandando un correo a santiromero@smasuncion.es

