Curso de Verán
Un ano máis, o Seminario Menor da Asunción abre as súas portas para coñecelo un pouco mellor a través do seu Curso de Verán. Este ano realizarase durante todo o mes de Agosto, dende o luns 3 ata o venres 28.
Está aberto a tódolos alumnos dende 1º ESO a 2º Bacharelato que queiran:
– Reforzar contidos para próximo curso escolar.
– Preparar materias pendentes.
– Acudir a selectividade en setembro.
– Aumentar o rendemento nos estudos.
Hai posibilidade de quedar interno, de estar medio pensionista (con comedor) ou externo. No horario formúlanse clases específicas, titorías personalizadas e apoio psicopedagóxico a cargo de profesores especializados; actividades relixiosas e deportivas, piscina, e de tempo libre nun entorno privilexiado.
Aválanos a nosa seriedade, rigor e compromiso co alumno e os bos resultados obtidos nos exames. Por iso, invitamos dende aquí a todos os que o desexen a achegarse e coñecer dun forma cercana a oferta educativa do noso centro.
Cambio significativo no internado do vindeiro curso
Destacamos aquí unha parte da reunión de pais desta tarde con información relevante de cara ao vindeiro curso:
– Ante todo debemos de ter claro que o Seminario non é nin debe de ser un colexio máis. Como tantas veces recordamos a súa razón de ser é o fomento e o coidado das vocacións ao sacerdocio.
– Neste sentido o internado ten unha serie de características propias. Non é unha residencia de estudantes, se non que persegue unha formación que vai moito máis alá do estritamente académico; abrande tamén o comunitario, o pastoral, o humano e o pastoral.
– Dende aí se entende a importancia que lle damos á vida de oración, a Eucaristía diaria, ao ámbito da convivencia comunitaria ou a relación coa parroquia.
– Nos últimos tempos temos a impresión de que este obxectivo primeiro e primordial está un tanto distorsionado por parte de non poucos alumnos e familias. E é algo do que todos debemos facernos conscientes para non dar lugar a enganos ou malentendidos.
– No vindeiro curso, tras estudalo e falalo detidamente co Sr. Arcebispo, tomouse a decisión de que os alumnos internos vaian as súas casas a práctica totalidade dos fins de semana, pero coa adquisición de certos compromisos que, para nós, son irrenunciables e que se resumen, fundamentalmente, en dous puntos:
+ Unha estreita relación coa vida parroquial, con todo o que iso implica.
+ Unha serie de datas de intensa convivencia ao marxe do estritamente académico e que se levarán a cabo nunhas convivencias trimestrais de fin de semana e noutras datas que, se se dera o caso, foran significativas.
– Isto, refírese, fundamentalmente aos alumnos internos, pero refírese tamén, en certa medida aos externos ou mediopensionistas. Unha vida de fe reducida ao ámbito do tempo que aquí pasamos é incongruente co que intentamos cultivar dende o Seminario. Debe de darse unha certa relación coa parroquia e poden participar, en certa medida, dos encontros que organicemos.
– Dito isto, tras falalo no equipo formativo, que ninguén dé por suposto a súa admisión no internado sen falalo antes co titor correspondente e estudar se se dan as condicións necesarias para dita solicitude.





