O pasado venres visitaba o noso Seminario Menor un representante da Asociación Española de Lesionados Medulares co obxetivo de concienciarnos un pouco sobre esta realidade. Durante algo mais de unha hora, os cursos menores, primeiro, e os maiores, despois, tiveron ocasión de coñecer o que é exactamente unha lesión medular, os principais riscos que poden desenvocar nunha lesión deste tipo e algúns consellos prácticos para evitalas.
A través do propio testimonio, de diversos videos e distintas explicacións, o conferenciante logrou captar a atención dun alumnado que saíu realmente motivado ante este tipo de lesións, das cales calquera de nos pode resultar afectado. Damos grazas a dita asociación pola súa axuda desinteresada co desexo de seguir coñecendo a mellor forma de sair ao paso desta realidade.