O grupo de teatro do colexio realizará unha función teatral aberta a todo o público este mércores 19 de xuño ás 18:30. Como todos os anos esta representación solidaria gratuíta, solicita a colaboración dos asistentes e a achega á entrada, de un quilo de alimentos que se destinarán a entidades que traballan coas persoas máis desfavorecidas.
Animámosvos a asistir, apoiar ao noso alumnado e colaborar cunha boa causa.