Os alumnos e alumnas de 1º da ESO participaron no programa”Movilidad segura e saudable” que a asociación AESLEME realiza nos centros educativos de toda España, dende fai 33 anos e no que xa participaron preto de 5 millóns de escolares.
Dende o colexio sabemos a importancia que ten que o noso alumnado coñeza os riscos e as consecuencias de condutas imprudentes, e por iso, tentamos chegar a eles a través da empatía, a educación en valores e a resiliencia.
Juan Gutiérrez responsable do programa “SEGURO POLA TUA CIDADE ” falounos dos factores de risco (peóns, ciclistas, pasaxeiros, usuarios de ciclomotor, bicicleta ou patinete eléctrico), medidas preventivas (uso de casco e cinturón..), actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes.

