Os alumnos de 1º de ESO recibiron unha visita moi especial, este martes 14 de outubro, dentro do proxecto que están a desenvolver “ A maldición de Tutankamon”. Este proxecto ten como temas fundamentais a civilización exipcia e mesopotámica, polo tanto a charla impartida por esta exiptóloga resultou de grande interese para o noso alumnado.
María Muñoz é licenciada en Historia, con especialidade en Historia Antiga e licenciada en Filoloxía do Antigo Exipto, polo tanto era a persoa perfecta para impartir esta clase aos nosos alumnos, que estiveron moi atentos á súa explicación sobre a escritura xeroglífica e como aprender a descifrala. Conseguiron ser case uns expertos neste tipo de escritura e poñerano en práctica nos seus porfolios. Grazas a esta gran profesional por compartir connosco os seus coñecementos.
Susana Ordóñez





