Hoxe tivemos unha saída cultural. O alumnado de 4º de ESO e bacharelato, xunto cos alumnos do ERASMUS de Polonia fomos ao concello de Narón de visita a Pull and Bear no Polígono Rio do Pozo, onde percorrimos ás instalacións do centro de loxística e departamento de deseño. Vimos en vivo como funciona unha gran empresa, e a eficiencia e aplicación da tecnoloxía nun mercado global. Gracias aos responsables da visita e ao personal que nos acompañou.
O noso alumnado, tamén visitou o Museo Naval de Ferrol, ubicado dentro da base Naval de Ferrol. Gracias á Armada e ao guía que nos amosou as instalacións.
Logo todos xuntos visitamos a cidade, percorrendo as rúas da cidade da Ilustración.

