Nas actividades programadas no marco de colaboración do noso centro e o Programa A Ponte da USC, os alumnos de 4º de Secundaria e 2º de Bacharelato asistiron a unha charla do profesor Ban Barral Buceta da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago titulada “O sistema electoral español. Explicacións, críticas e mentiras repetidas”.
Con gran interese os alumnos e alumnas participaron das explicacións do funcionamento do noso sistema electoral, en particular da Fórmula D´Hont, sistema que se utiliza para repartir os escanos ou concelleiros entre as candidaturas de forma proporcional ao número de votos obtidos.
A continuación na quenda de intervencións os alumnos espuxeron preguntas sobre o proceso electoral, como se elixen aos membros do Congreso dos Deputados e do Senado, ou nos parlamentos autonómicos.
Constantino Fuentes