Archivos de Etiquetas: 4º ESO
Actividades na distancia… Linguaxe cinematográfica
En 4º da ESO estamos traballando sobre o cinema. Pouco a pouco imos debullando o proceso que leva desde a concepción da idea até a plasmación da mesma nunha película. Coñecemos os orixes históricos do cine, o proceso de produción e gravación atendendo especialmente a linguaxe propia da sétima arte. En relación con isto, os alumnos realizaron un dicionario visual propio recollendo os tipos de planos máis comúns na linguaxe cinematográfica.
Segundo o ángulo da cámara, os alumnos realizaron distintos enfoques que despois plasmaron a través de diversos documentos: normal, picado, plano americano, plano general, contrapicado, nadir e cenital foron as súas propostas.
Josué Fernández
Actividades na distancia… Luís Seoane
Os alumnos de 4º da ESO están estudando a poesía de posguerra galega e atopamos neste período un personaxe fundamental que é Luís Seoane. Fundamental non só como autor literario (poeta, autor teatral, narrador…) senón como artista polifacético. Lembremos que, ao igual que Castelao, foi homenaxeado tanto co Día das Letras Galegas, en 1994, como co Día das Artes Galegas o ano pasado.
Fillo de emigrantes en Bos Aires, chega a Galicia con 6 anos. Estuda Dereito en Santiago e colabora na actividade cultural desenvolvida nos tempos das Irmandades da Fala. Co estalido da Guerra Civil volve, esta vez exiliado, a Bos Aires, onde continuará desenvolvendo unha actividade cultural frenética.
Volta a Galicia nos anos 60 e, xunto a seu inseparable amigo, Díaz Pardo, emprende unha das máis ambiciosas empresas culturais que se deron nunca en Galicia. Partindo da unión dos conceptos de Arte e Industria, e tomando como referencia experiencias como a Bauhaus, crean o Laboratorio de Formas. Isto daría lugar á refundación da fábrica de cerámica de Sargadelos e á creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Instituto Galego de Información, das Ediciós do Castro, do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Seminario de Sargadelos.
Os nosos alumnos, a través dun guión previo, foron descubrindo as distintas facetas de Luís Seoane e atoparon curiosidades como que Bos Aires ten establecida unha ruta turística para visitar os 25 murais que Luís Seoane pintou na cidade, 11 deles situados en lugares públicos (galerías comerciais e teatros) e 14 en halls de edificios particulares, ou que un anuncio publicitario mítico, como é o de Cinzano, era obra súa. A principal fonte de información foi o sitio web da Fundación Luís Seoane da Coruña: https://fundacionluisseoane.gal/gl/
Como mostra da sensibilidade artística e humana de Seoane, deixámosvos esta peciña que o Consello da Cultura Galega creou para a súa exposición Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura. Tamén vos animamos a descubrir no noso blog de lectura xente lendo, con motivo do Día das Artes Galegas do ano pasado, a historia que conecta dalgún xeito a Seoane co noso Seminario a través da historia do sacerdote Manuel Espiña e a obra de Seoane “O Cristo obreiro”.
https://www.youtube.com/watch?v=K1007oNjH3c
Begoña Campaña
Modelos moleculares
Estos días estivemos a traballar na materia de física e química con modelos moleculares manipulativos. Deixámosvos algunha fotiño da representación de moléculas feitas por 2º da ESO e reaccións químicas tan importantes na industria como a formación de amoníaco a partir de nitróxeno do aire e hidróxeno que se extrae do gas natural, traballadas polos alumnos de 4º da ESO.
María Bandín
Mirando cara o futuro
Esta semana, los alumnos de 4º ESO y de Bachillerato participaron en la charla informativa sobre la Universidad y las pruebas de selectividad ABAU que el programa A Ponte de la USC todos los años ofrece a los centros de enseñanza media.
Tuvimos la suerte de contar con la profesora Teresa Sanmarco Bande, tanto por su cercanía con los alumnos como por formar parte de la gran familia que es el Seminario Menor ya que es sobrina de D. José Bande, sacerdote que estuvo al cargo de la secretaría del centro durante muchos años.
Agradecemos al programa A Ponte poder contar todos los años con esta actividad y a la profesora Teresa Sanmarco su disponibilidad y cariño.
Yolanda Gómez