Alumnado e profesorado celebrou hoxe o aniversario de Rosalía de Castro (23 de febreiro) cun “Caldo de Gloria” no comedor escolar.
Como explica a Fundación Rosalía de Castro, tamén nos queremos conmemorar o día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vai de Santiago a Padrón e chega a casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.