logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: curso 2017-18

Calendario de exames de setembro

Publicada en 13 de agosto de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Faise pública a convocatoria de exames extraordinarios de setembro correspondentes ó curso 2017/2018 para os alumnos do Colexio Seminario Menor da Asunción: 

HORARIO 
Hora  lúns, día 3  martes, día 4 

        Lugar 

9 – 10’30  Lingua Galega e Lit.  Lingua Castelá e Lit.  SALÓN 

DE 

ESTUDIO 

10’30 – 10’45  Descanso  Descanso 
10’45 – 12’15  Filosofía/Hª da Filosofía/ Matemáticas  Xeografía e Historia/ Hª. do Mundo Contemporáneo/Hª de España 
12’15 – 12’30  Descanso  Descanso 
12’30 – 14’00  Inglés   Arte / Ed. Plástica e V. /2ª L.E. Francés  

 

4 – 5’30  Latín / Mat. Aplicada ás CC.SS./ Música  Economía / Ed. Física 
5’30 – 5’45  Descanso  Descanso 
5’45 – 7’15  Grego / Bioloxía e Xeoloxía / Relixión   Tecnoloxías/T.I.C./ Física e Química 
IMPORTANTE: Os alumnos aos que lles poida coincidir algunha materia de exame á mesma hora, deben dirixirse ao seu Titor para buscar unha hora alternativa. 

ATENCIÓN: Os alumnos beneficiados co cheque do Programa de Gratuidade de Libros deberían de ter entregados no Centro os libros ao remate das clases en xuño. No caso de facer algún exame na convocatoria de setembro levarán os libros no día de entrega de notas. 

AVALIACIÓN : Mércores día 5 en horario de mañá. 

Entrega de notas:  Mércores día 5, de 16:00 a 18:00 horas. 

  Matrícula de setembro: A partir do 5 de setembro. 

Acompañando unha nova promoción…

Publicada en 26 de junio de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Sr. reitor,

Sres. formadores,

Colegas de claustro,

Queridos alumnos,

Miñas donas, meus señores:

 

Por unha coincidencia fatal, fatal no sentido de fatum, do fado, do destino, que non «mala» nin «infeliz», que é a súa segunda acepción, atópome neste acto último e solemne co que pechamos o curso no mesmo estrado e diante do mesmo atril no que estaba alá polo 15 de setembro pasado cando iniciabamos o ano académico. E mentres collía unhas notas para organizar  estas páxinas, cavilaba eu no caprichosa que é a historia e víñame á cabeza a idea aquela coa que tanto enredaron os estoicos antigos, a do eterno retorno, pola cal todos os acontecementos suceden segundo os principios da causalidade, con un inicio e un final que á súa vez orixina outro inicio que leva a outro final nunha repetición eterna e permanente. Ou pensaba tamén na concepción circular da historia e dos acontecementos económicos, políticos ou sociais, exemplos imos vendo na actualidade do día a día. Ou lembraba as especulacións de Aristóteles, que arrenegaba da liña recta e vía no círculo, que nun só trazo se pecha sobre si mesmo, a forma máis perfecta de cantas hai na natureza… Pensándoo ben quizais por iso desaparecese o cero das cualificacións académicas, porque sendo un círculo suporía a perfección absoluta, e os que deseñan as leis de educación igual non queren que se poida acadar tal excelencia. Creo que estou empezando a divagar, e iso que só estou principiando, a ver se consigo endereitar o discurso…, non…, que digo…, endereitar non, que é recto, mellor redondear, que é o perfecto. Moi posiblemente as cousas teñan unha explicación máis sinxela, que neste caso ben puidera ser dobre: ou ben daquela dei argumentos e ideas que convenceron aos mesmos que agora teño diante, e queren saber máis do asunto, ou naquel día non estiven á altura esixida e esperada, e agora concédeseme unha segunda oportunidade, a convocatoria de graza, para ver se podo ser avaliado positivamente. Espero que sexa máis do primeiro e menos do segundo.

En calquera caso e como queira que for, hoxe cúmpreme a honra de despedir a estes nosos alumnos que están aquí na primeira liña de batalla, todos eles expectantes: uns porque xa van albiscando os Campos Elisios dos afortunados, a onde chegan os guerreiros heroicos para levar unha existencia venturosa e feliz, alomenos ata setembro, e outros porque, aínda sen querer velo, miran de lado cara o Tártaro, onde os condenados ao suspenso sufrirán o tormento eterno –alomenos ata setembro- das fichas de recuperación, dos cadernos inacabados e inacabables, dos traballos non entregados, do que podía ter feito e non fixen, do tarde piaches.

É unha honra apadriñar a unha promoción académica coma esta de 4º de ESO, pero tamén é un acto de grande responsabilidade, pois a primeira  tarefa do padriño é presentar e acompañar aos que agora reciben este grao, coma se isto fose o primeiro paso dun rito de tránsito á vida adulta e autónoma, pero tamén debe velar polos seus porfillados, aconsellalos ou disuadilos, felicitalos ou consolalos, segundo os casos.

Eu, que xa son doutra época, sempre mamei na teta da literatura, primeiro por  devota afección, agora por afecta obrigación, e podo asegurarlles que aquela produce o leite máis gustoso e nutritivo de cantos poida haber. Teño que dicir aquí, para tranquilidade de todos os que aínda non o probaron, que carece de efectos adversos: non ten lactosa, nin colorantes, nin conservantes, nin espesantes, nin acidulantes; non produce alerxias e pódese consumir a vontade. Outra cousa son os efectos perversos, e aquí xa non podo garantir que sexa inocuo: terán oído falar seguramente do caso dun tal Alonso Quijada ou Quijano, non sei moi ben, moi soado no seu momento, ao que as novelas cabaleirescas lle sorberon o siso e acabou botándose aos camiños para socorrer aos menesterosos e consolar aos aflixidos; pero o peor de todo aínda é o caso daqueles que por frecuentar a literatura  e os libros acaban pensando por si mesmos, e dálles por ter un criterio propio e deciden por eles, e non admiten sen máis as modas, as tendencias e os gustos do rabaño.

Tendo en conta isto e pensando en cumprir coa miña tarefa da maneira máis proveitosa, pensei en pedirlle consello a un amigo meu, de nome Miguel, ou mellor dito Michel, pois é francés, Michel Eyquem o seu nome completo. Presentoumo fai tempo un amigo común e aínda estiven na súa casa fai só uns meses, aló pola primavera; foi un home de grande éxito, que triunfou na política e nos negocios, e que un día decidiu abandonar «a escravitude dos cargos públicos», como el mesmo di,  para dedicarse a si mesmo e aos seus asuntos. Daquela retirouse a unha mansión que tiña na vila de Montaigne, preto de Bordeos, e mandou rotular nas trabes da súa biblioteca citas e aforismos dos autores que representaban as súas preocupacións e lle axudaban a mellor entender a vida. Dende aquela deu en ser coñecido como Michel, o de Montaigne, ou Michel  de Montaigne.

Este meu amigo reflexionou moito e ben sobre o proveito da educación e del tomei emprestados algúns consellos que ao meu modo de ver vos serán de grande utilidade:

«Tede en conta –di el- que o froito do noso estudo é facérmonos mellores e máis sabios. Por iso na aprendizaxe dos homes deben incluírse, de xeito principal, aquelas cousas que só viven na memoria dos libros, pero o máis importante é que os coñecementos adquiridos e transmitidos polos libros vos dean unhas habilidades propias para a vida, e vos leven á construcción dun xuízo persoal e dunha virtude individual.

Pero tamén son imprescindibles os exercicios físicos e o fortalecemento do corpo, así como o contacto e a aproximación á natureza, porque a mente que acolle o coñecemento debe, por medio da súa saúde, facer saudable tamén o corpo. Debe deixar translucir exteriormente o brillo do seu acougo e o seu contentamento, acomodar ao seu molde o seu aspecto externo, e armalo cunha actitude disposta e alegre, unha contención calma e agradable, un estado sempre sereno.

Aprendede a non entrar en disputas ou debates máis ca onde vexades un rival digno de loita e non empreguedes tódolos recursos que vos poidan servir, senón unicamente os máis eficaces. Sabede rendervos e depoñer as armas fronte á verdade, recoñecéndoa en canto a percibades, tanto se a vedes na man do voso adversario como se a descubrides vós mesmos por algunha revelación.

Aprendede a coñecer ás outras persoas, sabede administrar as vosas capacidades e non vos oufanedes delas. Fuxide dos fumes incivís de quen quere dominar o mundo, de crer que a crítica dos demais e a afección polas cousas máis novidosas serven para adquirir reputación de singular valor.

Mirade que é saber e que ignorar, en que consiste o valor, a temperanza e a xustiza, que relación hai entre a ambición e a avaricia, a servidume e a obediencia, a licenza e a liberdade, en que sinais se recoñece o sólido e verdadeiro contentamento».

O meu amigo tamén pensou nas responsabilidades que atanguen aos pais, e non lles hei de escatimar eu algúns dos seus consellos. Di Montaigne que «é opinión común que non hai que criar os fillos no colo dos pais. O amor natural entenréceos de máis e acaba por amolecer mesmo os máis espelidos. Os pais non son capaces de castigalos polas súas faltas nin de ver como os tratan con rigor, como ten que ser, ou de velos correr algún risco. Non darían aturado ver o fillo suando e poeirento despois dos exercicios, nin bebendo quente ou bebendo frío, nin montando nun cabalo rebelde, nin empuñando un florete contra un duro rival. Se queremos facer do fillo un home de ben non podemos protexelo de máis cando é novo, pois iso vai contra as normas da medicina.

Estas son as miñas leccións. Para tirarlle algún proveito non abonda con sabelas, hainas que poñer en práctica».

Xa lle falei ao meu amigo de vós e díxome que podedes visitalo cando queirades; acolleravos con cordial hospitalidade; ben se acorda de cando o seu avó veu de peregrino a Santiago e do contento que volveu. Cando subades á súa biblioteca, dende a terraza mirade pola ventá: deixade perder a mirada cara o horizonte, entre os carballos e os castiñeiros e os campos de trigo; non deixedes de probar un Bergerac tinto de bo corpo que se prepara con esmero naqueles viñedos. E sobre todo, aproveitade o tempo, gozade da vida e sede felices.

José M. López Regueiro

Fin de etapa para os alumnos de 4º ESO

Publicada en 22 de junio de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O curso 2017-2018 toca ao seu fin, se ben é certo que para os alumnos do centro todavía quedan varios anos de estudo por diante. Para os de 2º Bacharelato serán os estudos universitarios e outras ensinanzas superiores; para os de 4º ESO serán os estudos de Bacharelato ou dalgún grao medio. Nambos casos trátase, polo tanto, da fin dunha etapa fundamental na súa formación.

Conscientes de todo isto, no Acto académico de fin de curso quixemos que, ao igual que en cursos pasados, 4º da ESO xogara un papel especial. Deixámosvos, a continuación, un enlace recordando o seu paso polo centro e convidámosvos a estar atentos nos próximos días para ver outras entradas deste acto a través deste medio.

Vídeo 4º ESO 2017-2018

Calendario de Fin de Curso

Publicada en 19 de junio de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O curso académico chega ao seu fin, se ben é certo que algúns terán que participar todavía na convocatoria de setembro.

Conscientes das variacións de horarios en función das diversas actividades deste días, deixamos a continuación a información máis destacada:

Mércores 20. Os alumnos de 3º ESO e mailos representantes do Concurse de S. Tomé, pasarán a xornada no Acuaparck de Cerceda. Terán clase as dúas primeiras horas e sairán a partires das 10:40. É necesario que leven toalla, roupa para cambiarse e protección solar. O Seminario encargarase de facilitarlles a comida. Hora apróximada de regreso: 19:30 h.

Xoves 21. Haberá clase ordinaria e últimas recuperacións durante as primeiras horas. Ás 11:30 daremos grazas a Deus polo curso que remata coa celebración da Eucaristía. A continuación, Acto Académico de Fin de Curso, con especial protagonismo dos alumnos de 4º ESO. Os actos rematan despóis do xantar, non habendo clase pola tarde.

Venres 22. Sesión ordinaria de avaliación.

Luns 25. Entrega de notas e atención a pais. Será entre as 10:00 e as 13:30 h. Se alguna familia non pode facerse presente, debe avisar previamente ao titor correspondente. Ese mesmo día ábrese a matrícula do curso que ven para aqueles que teñan aprobadas tódalas materias e non deben volver a examinarse en setembro.

Xoves 28. Cursiño de ingreso para novos alumnos a partires das 10:00 h.

Calendario 2º BACH

Publicada en 21 de mayo de 2018 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O curso de 2º Bacharelato, polas súas particularidades, ten o seu calendario propio.

O pasado venres celebrabamos coas familias a Eucaristía de Acción de Gracias por estes anos e tiñamos un sinxelo pero sentido Acto Académico. Agora toca a avaliación final e a entrega de notas e reclamacións a partires das 18:00 h. deste martes 22.

Aqueles alumnos que teñan superado tódalas materias poderán facer a prematrícula das ABAU os días 24 e 25 de maio, na secretaría do Seminario.

As probas da popularmente coñecida coma Selectividade terán lugar entre os días 12 e 14 de xuño.

Coma tódolos anos, o centro ofrece a posibilidade de acompañar aos alumnos nesta última e intensiva preparación a través dun plan personalizado de atención e repaso, a concertar có profesorado durante as dúas semanas que transcorren entre a prematrícula e as ABAU.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Proxecto sobre Economía Circular - https://t.co/BZRHCKqqZb https://t.co/yUF5S7bk9N 10:36AM - 10 Oct 2022
  • Unha volta pola contorna - https://t.co/owqno0iSEV https://t.co/ALLx6IFJpB 09:50PM - 4 Oct 2022
  • Celebramos o Día Europeo das Linguas - https://t.co/LNewzWZcfk https://t.co/0LjKrWHPDo 08:32PM - 27 Sep 2022

En Facebook

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción
www.smasuncion.es/exposicion-fotografica/ ... See MoreSee Less

Exposición fotográfica

www.smasuncion.es

No contexto da Semana Cultural, dabamos apertura a unha interesante exposición fotográfica sobre persoas, costumes, lugares e obxetos que conforman as parroquias da nosa diocese compostelá. Foi ela
View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción
Exposición fotográfica no Seminario Menor ... See MoreSee Less

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

4 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

5 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

5 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

En Instagram

Síguenos en Instagram

Etiquetas

1º BACH 1º ESO 2º BACH 2º ESO 3º ESO 4º ESO académico alumnos ano santo compostelán arte ayuda camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2019-20 curso 2020-21 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar festival inauguración juventud letras libros navidad obispo oración padres peregrinación profesores semana cultural semda seminario teatro trilema vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Noticias
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Siguente

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR