Dentro do programa de visitas escolares, este xoves os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato visitaron as escavacións que se están a realizar na Rocha Forte e que sacaron á luz nos últimos anos os restos da fortaleza medieval do señor feudal de Santiago, que naquela época era o Arcebispo da cidade.
Acompañados de dúas expertas arqueólogas e mediante unha interesante explicación, puidemos facernos unha idea do que no seu momento foi esta fortaleza e da súa importancia para a vida tanto relixiosa coma civil da cidade apostólica.
Trátase dunha visita, polo tanto, que afonda un pouco máis na nosa formación dende un punto de vista histórico, artístico, económico ou relixioso, entre outros. Coincidimos, ademáis, cun equipo de obra que estaba a realizar un traballo de limpeza, polo que, incluso os detalles mais insignificantes puideron ser apreciados con toda claridade.
Coma sempre, na seción de fotos podes atopar algunhas instantáneas deste momento.