Archivos de Etiquetas: seminario
Que quere Deus de min?
De convivencia en Dorrón
Na fin de semana, os días 15, 16 e 17, a comunidade dos internos do Seminario participaron na convivencia trimestral. A eles uniuse un alumno mediopensionista. Foi un tempo para convivir todos xuntos dun xeito distinto ao que facemos no horario normal. Este vez, fomos acollidos na casa de “Santa María do Mar”, rexida polas relixiosas Calasancias, na parroquia de Dorrón, no Concello de Sanxenxo.
A primeira convivencia sempre é un “pouquiño mais doutrinal”. Nesta ocasión o tema que se reflexionou foron os “10 mandamentos”. Foron sesións participativas, nas que se seguiron as catequeses que o Papa Francisco deu nas Audiencias Xerais dos mércores durante o ano 2018. Tamén se viu a película “Os Dez Mandamentos” de Cecil B. Melvil.
Ademais do tempo para rezar mais amodo, para a celebración da Eucaristía, tamén visitamos o Mosteiro de Armenteira e percorremos a Ruta da Pedra e da Auga, decatándonos da fermosura da natureza cando somo capaces de coidala.
Tres días para coñecernos un pouco mellor nun ambiente distinto ao escolar, para profundar no coñecemento da doutrina da Igrexa, para medrar coma persoas e como cristiáns: tres días felices intentando que os nosos seminaristas eviten “que a inocencia do corazón se perda entre as tebras da ignorancia” (S. Faustino Míguez, fundador do Instituto Calasancio Fillas da Divina Pastora, que nos acolleron).
Manuel Jesús Formoso