O noso Seminario Maior atópase baixo o patrocinio de Nosa Señora das Dores e San Tomé de Aquino. Nembargantes, o edificio no cal está a súa sé ten unha historia que vai moito máis aló…
Nas súas orixes, os monxes bieitos que o habitaban decidiron poñelo baixo a protección de San Martiño de Tours. Esta é a razón pola que, todavía hoxe, o edificio de San Martiño Pinario e tódalas institucións que nel conviven, celebran a súa festa patronal.
Na tardiña do domingo, a comunidade de internos participaba nas I Vésperas. No caso de hoxe, día 11, tamén nos faremos presentes na celebración da Eucaristía e na comida de confraternidade. Noraboa!




