O pasado mércores os alumnos de Economía de 2° de Bacharelato, tiveron a sorte de visitar as instalacións da Finsa de Santiago de Compostela.
Grazas á explicación de Luis, coñecemos á empresa máis profundamente, aprendemos as funcións que realizan os distintos departamentos e o perfil do traballador, así como as orientacións ás que podemos adicarnos nun futuro.
Ademáis, da man de Bea, visitamos a fábrica e vimos de cerca o proceso productivo dende o inicio ata que o producto final se remata.
Foi unha experiencia de proveito, e estamos moi agradecidos de que contaran con nós. Moitas grazas ó grupo Finsa e, en especial, a Luis e Bea.
Araceli Recuna