Hoxe inauguramos este curso académico todos xuntos, familias de primaria, secundaria e bacharelato, alumnos e alumnas do colexio Seminario Menor e Casa do Neno, acompañados polos seus profesores, os membros do equipo directivo e o noso querido arcebispo D.Francisco que nos bendixo e dedicou unhas preciosas palabras:
“Iso é camiñar xuntos ,un verdadeiro traballo compartido .Que sexades unha comunidade educativa coa música do evanxeo, e unha comunidade sinfónica coral, incluínte onde todas as voces contan. Se algunha vez ides a un concerto vedes que aparece un único son que ven dunha grande orquestra. Que cada un de vos interpretedes o mellor instrumento ,o que sodes cada un como profesores, como pais e nais ,como educadores, como alumnos e alumnas , desta nosa casa na que tedes que camiñar a ese son que nos marca o Señor , un son de alegría .
Poñede na vida sinfonía, esperanza e aprendede cada día a camiñar xuntos , se camiñamos acompañados chegaremos sempre a ver o horizonte que nos marcamos.
Eu vos encomendo. Adiante ,o Señor síguenos a bendicir , iniciase un novo curso cheo de esperanza aquí non Seminario Menor e na Casa do Neno, feliz curso “