Este sábado, os alumnos internos do Seminario Menor participabamos na X Marcha pola Paz organizada pola Orde de Frailes Menores (Franciscanos). A xornada comezaba no cumio do Monte Pedroso, dende onde iniciabamos o noso descenso. Tras unha parada na capela de San Paio do Monte (onde, según a tradición, San Francisco de Asís se detivo cando peregrinou a Santiago), chegamos á praza do Obradoiro, para termos un sinxelo acto de compromiso pola paz.
Trala comida, tivemos a oportunidade de coñecer unha parcela da labor que levan a cabo os franciscanos na nosa cidade: o Albergue de transeúntes Xoán XXIII, polo que pasan ao longo do ano máis de 1200 persoas distintas. A testemuña da vocación de Fr. Paco Miramontes, gardián da comunidade compostelá, introdúxonos no pequeno retiro da tarde, que culminou coa celebración da Eucaristía no convento de Santa Clara.
Na galería de imaxes podes atopar algunhas fotografías desta xornada.