É de todos sabido a inmensa alegría que supón para todos nós o nomeamento de D. Jesús Fernández coma bispo auxiliar na diocese de Santiago de Compostela.
O Seminario Menor, coma non podía ser menos, late o son dos compases da vida diocesana e tamén se fixo presente en tódolos actos convocados en torno a esta celebración.
Na noite do venres, organizado pola Delegación de Infancia e Xuventude e os Seminarios Maior e Menor, tivo lugar unha vixilia de oración na igrexa conventual de San Francisco. Seguindo a línea do lema episcopal de D. Jesús (Evanxelizar aos pobres), os seminaristas menores tiveron un papel moi especial neste encontro, coma demostran as fotos da galería de imaxes.
O sábado pola mañá, un grupiño de nós sumouse ao coro diocesano que solemnizou a celebración da consagración episcopal, namentres que outros colaboramos na distribución dos libretos e recordatorios. Unha xornada, sen dúbida, da que todos nos acordaremos e unha nova ocasión de experimentar a cercanía dos nosos pastores .