A partir deste mes de abril, entra en vigor o Real Decreto 315/2025, que establece novas normas destinadas a fomentar unha alimentación más saudable, equilibrada e sostible nos comedores escolares de España. Este novo marco normativo afecta a centros públicos, concertados e privados, e ten como obxectivo principal mellorar a calidade nutricional dos menús escolares, promover hábitos alimentarios saudables desde idades temperás e reforzar o compromiso coa sustentabilidade.
Coincidindo coa entrada en vigor desta normativa, o centro considerou oportuno reforzar a calidade do servizo de comedor, incorporando melloras adicionais:
Provedores de proximidade (Km 0)
• Traballásesé con provedores locais e de proximidade.
• Empregáse alimentos frescos, de temporada e de orixe próxima.
Mellora e actualización dos menús
• Revisión integral dos menús escolares, garantindo o cumprimento do Real Decreto 315/2025.
• Elaboración de menús equilibrados, saudables e atractivos para os alumnos.
Compromiso coa calidade e a sustentabilidade
• Selección de materias primas frescas e de calidade.
• Promoción dunha alimentación saudable e sostible.
Con estas medidas, o Colexio Seminario Menor da Asunción reafirma o seu compromiso co benestar e a saúde do alumnado, entendendo a alimentación como un elemento fundamental para o seu desenvolvemento e benestar diario.
Agradecemos a súa confianza e quedamos á súa disposición para calquera consulta.
A Dirección
Colexio Seminario Menor da Asunción


Este próximo sábado 11 de abril no noso Seminario Menor terá lugar un encontro dos Equipos da nosa Señora. Como se sabe, os ENS están pensados para dar resposta a todos aqueles matrimonios que busquen ser felices seguindo a Cristo xuntos e cumprir a súa vontade. Chámanse “equipos” porque teñen un obxectivo común, que é axudarse mutuamente no progreso espiritual e humano; coñecer mellor a Dios, atopalo na oración, axudarse mutuamente, estudar xuntos e orar os uns polos outros.