O sábado 28 de novembro, a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrou unha nova edición de “Ciencia Singular”, por primeira vez en liña.
Dende o CIQUS realizouse un esforzo por adaptar o programa presencial de edicións anteriores ao formato virtual, e os alumnos deste centro foron invitados a participar dende a materia de física e química vendo unha boa oportunidade de achegarse a ciencia dende unha perspectiva máis divulgativa.
A continuación colgamos as achegas dun par de alumnos contándonos as súas impresións:
Eu asistín a charla sobre a investión da vacina para o covid-19. Nesta charla falaron das fases da investigación (investigación básica e aplicada), os distintos tipos de vacinas (vivas atenuadas, inactivas, RNA e ADN, vector vírico, subunitarias), a que eles están investigando é subunitaria.
Tamén falaron sobre como foi a fase de proba da súa vacina en animales, a súa vacina inxecta proteínas doutro virus, coñecido como blue tongue virus (virus da lingua azul). De momento está tendo un moi bo desenvolvemento, de feito en animales (ratos) tiveron unha eficacia dun 100%, pero aínda teñen que facer as probas preclínicas e posteriormente en macacos.
Segundo nos contaron, a súa vacina vai por moi bo camiño e ten pinta de que vai ser moito máis económica que as de moderna e de pfizer, xa que estas funcionan mediante ARN, o que dificulta todo o tema loxístico.
A charla foi moi interesante, pero foi bastante máis breve do esperado (durou a penas 30 minutos).
Esteban Suárez.
O obradoiro que eu vin, falaba sobre o orixe da vida, como as células teñen un citoesqueleto, o cal as levou a evolución dende organismos máis primitivos, e coñecendoos poderian replicarlo, o que os achegaría máis a coñecer os procesos que fan posible a vida.
Andrés Nieves.
A todos, dámosvos as grazas por compartir a vosa experiencia nas xornadas. Aprender uns dos outros é unha gozada. Tamén agradecemos a tarea divulgativa que o CIQUS desempeña con tanto esmero tódolos anos dende distintas propostas que nos mandan ao longo do curso.
María Bandín Potel.