Estes días os alumnos e alumnas de 2º da ESO participaron nas probas de diagnóstico Avalía, nas que se valora a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira Inglés. Felicitamos aos alumnos e alumnas polo esforzo realizado.
Category Archives: Noticias
Ordenación sacerdotal
A Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela contará cun novo sacerdote.
Monseñor Francisco Prieto Fernández presidirá esta ordenación o vindeiro domingo día 21 de abril.
O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto Fernández, presidirá este domingo día 21 de abril a ordenación como sacerdote de José Antonio Conde Silvoso que foi alumno do noso Seminario Menor. A cerimonia terá lugar a partir das 17:00 horas na Catedral de Santiago de Compostela.
A comunidade do Seminario Menor súmase ao Seminario Maior, reitor e formadores, e convida a cantos queiran acompañar a José Antonio a participar na devandita cerimonia.



