60 anos despois da súa creación celebramos, como cada ano, o Día das Letras Galegas. Quen lle ía dicir a Francisco Fernández del Riego, o promotor da idea, que chegaría a ser el o destinatario da dita homenaxe. Na tarde do martes xuntámonos para lembrar a súa figura, o seu activismo cultural, como non podía ser doutro xeito, pero quixemos quedar tamén cunha característica persoal que todos os que o coñeceron destacan: o optimismo. Así o plasmaron nunha pequena peza audiovisual os alumnos de 4º da ESO, axudados por compañeiros dos demais cursos.
Begoña Campaña