A xornada de este martes, dentro dos actos da Semana Cultural, serviunos para seguir afondando na figura de Jules Verne. E fixémolo sentíndonos coma membros do Nautilus, percorrendo as aguas da Ría de Vigo, anque dende a superficie mariña…
Tras partir do porto de Cangas, pasamos en barco por debaixo da ponte da Rande ao tempo que se nos narraba a batalla que tivo lugar nesta ensenada entre tropas inglesas e españolas (con apoio dos franceses) e descobriamos as curiosidades a unha banda e outra da ría. O noso destino era a Illa de San Simón, para coñecer os seus diferentes usos ao longo da historia e ver as esculturas do capitán Nemo e a súa tripulación.
Tras fotografiarnos no porto de Vigo xunto a Jules Verne, tamén alí tivemos un tempo suficiente para seguir disfrutando da cidade e o do día nun ambiente distendido entre alumnos e profesores.
Aquí tes algunhas imaxes da xornada.