logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • Oferta actividades extraescolares curso 2026/27.
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: letras

Festa do aprendizaxe

Publicada en 14 de junio de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O día de onte no Seminario Menor foi un día de alegría, pois celebrouse a chamada festa da aprendizaxe que cada mes e medio organízase para que os rapaces dean a coñecer o traballo que desenvolven durante ese tempo.

O título do proxecto exposto por 1º da ESO foi “A que se aveciña”, conectado coa famosa serie de televisión que versa sobre unha comunidade de veciños e as súas relacións. E é que o tema a profundizar era os ecosistemas. Como colofón, o producto final, que sempre ten un sentido de servizo a comunidade, foi neste caso, unha charca para o disfrute do alumnado, peregrinos e visitantes.

Dende diferentes materias coma Bioloxía, Matemáticas, Inglés, Tecnoloxía, Reforzo e Educación plástica traballouse a relación entre natureza e xeometría, o vocabulario propio en galego e en inglés, as diferencias entre individuos e tamén entre os distintos ecosistemas e as súas interaccións, utilizando a arte como medio de expresión. O carácter interdisplinar é unha sinal de identidade dos nosos proxectos.

Agradecemos a oportunidade que nos dou Voz Natura de desenvolver un proxecto cheo de vida e que permite o noso alumnado convivir cunha comunidade nova sempre en cambio.

María Bandín

Celebramos as Letras

Publicada en 22 de mayo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

60 anos despois da súa creación celebramos, como cada ano,  o Día das Letras Galegas. Quen lle ía dicir a Francisco Fernández del Riego, o promotor da idea, que chegaría a ser el o destinatario da dita homenaxe. Na tarde do martes xuntámonos para lembrar a súa figura, o  seu activismo cultural, como non podía ser doutro xeito, pero quixemos quedar tamén cunha característica persoal que todos os que o coñeceron destacan: o optimismo. Así o plasmaron nunha pequena peza audiovisual os alumnos de 4º da ESO, axudados por compañeiros dos demais cursos.

Begoña Campaña

A parábola do angazo

Publicada en 24 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O próximo día 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro aínda que nós xa comezamos a celebralo unhas semanas antes.

Así, o pasado martes asistimos no teatro Principal á representación da obra A parábola do angazo da compañía Talía Teatro. Unha comedia premiada co María Casares ao mellor texto teatral orixinal, na que a través de diversas situación cotiás, nos convida a unha fonda reflexión sobre a relación que os galegos temos coa nosa lingua. Rimos, e moito, pero tamén marchamos para a casa cun “recado”,  o de mudar a nosa perspectiva sobre determinados prexuízos.

Esta obra vén seguir a estela doutras dúas obras anteriores: Bicos con lingua, pola que Artur Trillo recibiu o María Casares ao mellor actor, e Pelos na lingua, Premio Max 2012 ao mellor texto teatral, entre outros.  Pero sobre todo, máis alá dos premios “académicos”, recibiron o premio maior: foron vistas por un enorme número de espectadores ao longo dos anos.

Esta mañá tivemos a sorte de contar cun dos autores e actores da obra, Artur Trillo, peza clave na historia do teatro galego das últimas décadas. Fundador da compañía Talía, actor de cine e teatro, director durante 25 anos da Mostra de Teatro de Cee e profesor de teatro nunha morea de concellos. Os alumnos de 2º de bacharelato puideron conversar con el sobre varios temas que están traballando na aula: a sociolingüística, a historia recente do teatro galego e, ademais, sobre o propio oficio de actor. Moitas grazas a Artur e a toda a xente do teatro polos bos momentos que nos fan pasar.

Ligazón ao Manifesto galego do Día Mundial do Teatro 2023, clicando sobre a imaxe.

Begoña Campaña

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • 1
  • 2
  • 3
  • …
  • 17
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR