logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2024-2025
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Entrega de notas e atención ás familias.
    • Calendario Fin de Curso.
    • Instrucións ABAU.
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Viaxe a Roma 2025
    • XII Semana Cultural 2025.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
  • Pastoral
    • Calendario de actividades Curso 2024-25.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • DOMUND 2024
      • Celebración do DOMUND.
    • Día do Seminario.
    • Día da Igrexa diocesana.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: letras

“Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín”

Publicada en 9 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No cadro das actividades que vimos organizando os departamentos didácticos arredor do día de Rosalía, que celebramos propiamente o 23 de febreiro, enmárcase a visita que nos fixo este luns a profesora, escritora e académica María López Sández. Veu falarnos de poesía e de plantas, de flores e versos, de como a paisaxe e o medio nutren a obra literaria, para contarnos como naceu o proxecto de elaborar un herbario coas plantas e flores que medran entre as páxinas das novelas e os poemarios de Rosalía. 

A idea arrincou no ano 2019 coa recollida de tódolos nomes de árbores e plantas que se atopan na obra rosaliana. Con esa información na man e coa axuda de María Isabel Fraga, profesora de botánica na Facultade de Bioloxía da USC, comezou a preparación do herbario físico propiamente dito, percorrendo os espazos naturais nos que viviu e escribiu Rosalía para recoller, seguindo o ciclo das estacións, plantas, flores, follas, herbas e herbiñas pola beira dos ríos, polas corredoiras, polos prados e polos cemiterios. 

Froito deste traballo, publicado posteriormente en formato de libro, foron 150 pregos organizados en cinco bloques temáticos (rosas; herbiñas do campo florido; herbiñas do camposanto; árbores e outras flores; plantas e especies comestibles), acompañados de explicacións e alusións aos libros da nosa escritora, que se expuxeron no Real Jardín Botánico de Madrid no mes de marzo de 2022. A mostra está agora no edificio do Vello Cárcere de Lugo, onde aínda se pode visitar ata o 14 de marzo.

Aproveitamos tamén para preguntarlle á profesora López Sández polo proceso de creación e escritura dun libro. Ela, dende a súa faceta de escritora, insistiu na importancia do medio no que vive o autor e das súas experiencias persoais como motor do proceso creativo. De paso, e a modo de exemplo, descubriunos o xerme inicial do que acabou sendo a súa novela O faro escuro.

Foi unha boa ocasión para entender e valorar a importancia do traballo colaborativo, neste caso da literatura e da botánica, rexido, en definitiva, polo mesmo espírito que inspira o noso sistema de aprendizaxe por proxectos. E foi tamén unha excelente ocasión para reivindicar a figura de Rosalía de Castro, escritora e muller humilde do XIX, que dende os seus versos sinalou e denunciou tantas inxustizas;  daquela pouco máis podía facer. Agora, cando os tempos son ben distintos, tócanos a nós, co seu exemplo, facer que as cousas sexan diferentes.

J. M. López Regueiro

Día de Rosalía

Publicada en 24 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Vimos de celebrar o Día de Rosalía e facémolo atendendo a proposta que nos fai a Asociación de Escritores en Lingua Galega: preguntarnos qué diría Rosalía das numerosas inxustizas que sofre o mundo.

Como di o manifesto deste ano:

Dos moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?

Se desoímos os berros do noso tempo, de que teremos a alma?

Pois iso foi o que fixemos estes días nas aulas de lingua, filosofía e valores  éticos, escribir sobre as inxustizas do mundo, recordalas, especialmente a Guerra de Ucraína, xusto cando se cumpre un ano do conflicto. 

Pero non só falamos de conflitos bélicos, tamén dos interiores, da soidade, da depresión ou da miseria que significa ter que marchar da túa terra.  E falamos tamén de xente valente, de persoas como María Ressa, que arriscou a súa vida por combater as noticias falsas e a desinformación ou Dimitri Muratov, xornalista ruso moi crítico con Putin; ambos Premios Nóbel da Paz no 2021.

O resultado desas conversas e reflexións quedaron plasmadas nas paredes do noso centro en forma de poemas, microrrelatos, imaxes, etc.

Begoña Campaña

Caldo de gloria

Publicada en 16 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Alumnado e profesorado celebrou hoxe o aniversario de Rosalía de Castro (23 de febreiro) cun “Caldo de Gloria” no comedor escolar. 

Como explica a Fundación Rosalía de Castro, tamén nos queremos conmemorar o día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vai de Santiago a Padrón e chega a casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.

Comedor escolar.

Residencia.

Formación do profesorado.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
Proxecto: "O encargo dos deuses"
Día de Rosalía de Castro 2024.
  • Atras
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • …
  • 17
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR