logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • Oferta actividades extraescolares curso 2026/27.
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca
Audiencia papal 2026
Rosalía de Castro 2024
XIII Semana Cultural 2026
Aula cooperativo.
Esgrima
Proxecto Exipto
Misa Nadal
Encontro SEMDA 2025
Parque auditorio.
Aquí tamén se fala
Teatro Baskerville.
Graffiti.
Vista Aerea Seminario
Sagrario Navidad
Vista Seminario
Celebración aprendizaxe
1º ESO
Laboratorio grupo
Festa da familia.
Galiciencia 2026.
‹ ›

Gestor Escolar

Aula virtual

Programa BEDA

Extraescolares Curso 2026-27

Inscrición Extraescolares

Pincha aquí.

Por favor, activa JavaScript en tu navegador para completar este formulario.
Cargando

Reserva de Praza.

Proxectos

Podcast

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/02/episodio-1-2.mp3 https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/02/episodio3.mp3 https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/03/epsodio-4.mp3 https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/04/la-torre-y-el-fantasma.mp3 https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/la-armadura.mp3

Xente Lendo

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Archivos

Localización.

Novidades na avaliación e titulación en ESO e BACH

Publicada en 23 de marzo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Recentemente enviamos unha circular ás familias resumindo os principáis cambios que se dan en relación á titulación e promoción nos cursos da ESO e BACH.

Deixámoslas tamén aquí para tododos aqueles que podan estar interesados:

Novidades ESO

Novidades BACH

Peregrinación Europea de Mozos

Publicada en 22 de marzo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

A semana pasada tivemos con nós a Rafa, Martín, Brais e Fran, da Delegación de Infancia e Xuventude, que se achegaron ata o Seminario para presentarnos un dos pratos fortes de este Ano Santo Compostelán: a Peregrinación Europea de Mozos.

Trátae dunha actividade que traerá a milleiros de mozos este verán ata a nosa cidade, tras percorrer os distintos camiños que chegan a Compostela, co obxeto de compartir a súa fe, durante varios días, en torno á tumba do Apóstolo.

Estes catro rapaces compartiron con nós a súa experiencia, tras rematar unha etapa fundamental da súa formación: dous acababan de aprobar o MIR e esperan incorporarse ao seu posto de traballo nos vindeiros meses e outros dous están na espera de comezar novos estudos. E mentres tanto, decidiron adicar con total disponibilidade e entrega estes meses a difundir e animar a participar neste gran encontro.

Dámoslles as grazas por achegarse ata nós. Continuaremos coa difusión e a oración polos froitos da PEJ. Seguro que varios poderemos participar coma voluntarios e disfrutar desta oportunidade.

1º BACH 2º BACH 3º ESO 4º ESO ano santo compostelán juventud peregrinación

Sacerdotes ao servizo dunha Igrexa en camiño

Publicada en 17 de marzo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Queridos diocesanos:

Na celebración do Ano Santo Compostelán as palabras peregrinación e camiño atopan un eco especial que se transluce no lema da Campaña do Día do Seminario coincidindo coa solemnidade de San Xosé, patrón da Igrexa.

Mirar aos nosos seminarios

É unha data na que miraremos de maneira especial aos nosos seminarios non coa nostalxia do pasado senón coa preocupación de que os seminaristas actuais poidan recibir a formación adecuada para ser sacerdotes ao servizo dunha Igrexa en camiño. “A experiencia e a dinámica do discipulado, que dura toda a vida e comprende toda a formación presbiteral, require un tempo, durante o cal se invisten todas as enerxías posibles para arraigar ao seminarista no seguimento de Cristo, escoitando a Palabra, conservándoa no corazón e poñéndoa en práctica” (RFIS 62). No Seminario Maior e Menor os seminaristas han de ter conciencia de que peregrinan á Diocese non coa sensación de pesadume, melancolía e desesperanza coas que os discípulos de Emaús camiñaban á súa aldea despois da crucifixión do Señor. A diocese é o Emaús no que han de descubrir a quen lles acompañe durante o camiño do Seminario e que talvez non recoñeceron polo seu ensimismamento. Por iso, queridos seminaristas, pregúntovos como o fixo o Resucitado cos de Emaús que conversación traedes mentres estades no Seminario? O Seminario non pode ser o cántaro onde recollades as nostalxias do que deixastes, lambendo constantemente as chagas das vosas renuncias. É o ámbito onde tedes que atopar aos que peregrinan cara ao sacerdocio e atoparse consigo mesmo para ir respondendo a esas últimas ou penúltimas preguntas que cada un leva no bornal da súa vida ás que é preciso darlles resposta sen deixarse levar pola apatía ou a indiferenza. Da esperanza vocacional ao sacerdocio hoxe, poderase percibir o futuro da diocese mañá.

Ao servizo dunha Igrexa en camiño

Preparádesvos para servir á Igrexa en camiño que cada día ha de descubrir horizontes novos máis aló de toda actitude estática e pasiva. Unha Igrexa que non espera a que veñan senón que vai ela ao encontro dos homes dos nosos días, sabendo que o home é o camiño que ten que percorrer. É a Igrexa en saída, tantas veces hospital de campaña, da que nos fala o papa Francisco. No ministerio sacerdotal habedes de estar dispostos a beber o cáliz do Señor, é dicir participar na mesma sorte de quen veu a servir e non a ser servido. Facilmente tendemos a sacar do baúl dos recordos privilexios ou distincións, arroupados por actitudes baixo formas de relixiosidade para distinguirnos, que nos afastan dos demais. “Pero entre vósnon pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva aos demais; e quen queira ser o primeiro, que sexa o mais servicial” (Mt 20,26-27). Para poñerse en camiño hai que saír da terra propia, desa burbulla que encapsula e que nos fai referenciais afastándonos do Señor, dos demais e da mesma Igrexa. Calzádevos as sandalias da esperanza! A esperanza non pode nacer da opulencia nin tampouco dunha Igrexa acomodada na autoconservación, orgullosa do prestixio e recoñecemento dos homes. A Igrexa segue a Cristo Crucificado, e é ao Pai e non a nós a quen queremos que eles dean gloria. Por iso, as sandalias novas da Igrexa son as da esperanza, porque nos facilitan o camiñar, e “pisar” aclamacións ou rexeitamentos ao seguir a Xesús, sen desviarnos nin a lado nin a outro da misión encomendada. Son as que nos fan camiñar, con poder de pisar cobras e alacráns (Cf. Lc 10,19). A Igrexa é así libre, para non caer no triunfalismo, pois sabe que o Reino só vén a nós a través da cruz. Por iso di o Señor: “non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan: alegrádevos, mais ben, de que os vosos nomes estean escritos no ceo”. Así tamén se ve inmune ao desalento, pois o Crucificado vive definitivamente volto cara a todos. Nin o aplauso faille esquecer a quen segue e a quen ha de servir, nin o rexeitamento le aparta da súa adhesión ao Evanxeo e aos últimos. Para recibir o don da esperanza, a Igrexa ten a cintura cinguida, vixía a súa propia liberdade, e non quere buscar refuxio en estruturas de influencia, evitando que se corrompa o seu sal, se apague a súa luz e se desvirtúe o seu fermento.

Exhortación final

Recemos constantemente polos chamados ao sacerdocio. E dentro das nosas posibilidades colaboremos economicamente para que os nosos Seminarios Maior e Menor teñan os medios necesarios e adecuados para ofrecer a mellor formación humana, intelectual, espiritual, comunitaria e pastoral a quen se prepara para recibir o ministerio sacerdotal. Poñémolos baixo o patrocinio do Apóstolo Santiago, de San Xosé e de María, Raíña dos Apóstolos.

Saúdavos con todo afecto e bendí no Señor,

​+ Julián Barrio Barrio,

obispo seminario

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 162
  • 163
  • 164
  • 165
  • 166
  • …
  • 398
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR