logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 4º ESO

Celebramos as Letras

Publicada en 22 de mayo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

60 anos despois da súa creación celebramos, como cada ano,  o Día das Letras Galegas. Quen lle ía dicir a Francisco Fernández del Riego, o promotor da idea, que chegaría a ser el o destinatario da dita homenaxe. Na tarde do martes xuntámonos para lembrar a súa figura, o  seu activismo cultural, como non podía ser doutro xeito, pero quixemos quedar tamén cunha característica persoal que todos os que o coñeceron destacan: o optimismo. Así o plasmaron nunha pequena peza audiovisual os alumnos de 4º da ESO, axudados por compañeiros dos demais cursos.

Begoña Campaña

Presentación da USC

Publicada en 26 de abril de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Como todos os anos dentro do plan de orientación vocacional  está prevista unha presentación da universidade e das probas Abau ós alumnos de 4º de ESO e de Bacharelato.

Esta semana o catedrático e profesor de Física da USC, Pablo Taboada Antelo achegouse ó centro para  dialogar cos alumnos.

Con esta iniciativa preténdese  achegar ó mundo universitario  e aos estudos nos que eles están máis interesados. O profesor Taboada  amosoulles as materias coas que se van atopar así como as súas saídas profesionais, a posibilidade de emprego , coñecer as instalacións onde se imparten as titulacións nas que están interesados, coñecer os programas de mobilidade ERASMUS , e todo o que ofrece o campus universitario de Santiago e de Lugo , actividades culturais, deportivas, residencias , etc. Agradecemos a súa disponibilidade e cercanía.

Yolanda Gómez

Para alumnos e familias

Publicada en 19 de abril de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Sistemas electorais

Publicada en 31 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Nas actividades programadas no marco de colaboración do noso centro e o Programa A Ponte da USC, os alumnos de 4º de Secundaria e 2º de Bacharelato asistiron a unha charla do profesor Ban Barral Buceta da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago titulada “O sistema electoral español. Explicacións, críticas e mentiras repetidas”.

Con gran interese os alumnos e alumnas participaron das explicacións do funcionamento do noso sistema electoral, en particular da Fórmula D´Hont, sistema que se utiliza para repartir os escanos ou concelleiros entre as candidaturas de forma proporcional ao número de votos obtidos.

A continuación na quenda de intervencións os alumnos espuxeron preguntas sobre o proceso electoral, como se elixen aos membros do Congreso dos Deputados e do Senado, ou nos parlamentos autonómicos.

Constantino Fuentes

Retratados y retratistas

Publicada en 10 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Los alumnos de cuarto de la ESO han estado estos días practicando el difícil arte del retrato y hay que decir que alguno de ellos ha descubierto un talento oculto que nos ha sorprendido a todos.

Todos han sido retratados, para lo que han posado, con una paciencia de lo más profesional, y retratistas, estudiosos de las proporciones y de las luces y las sombras.

¿Sabías que entre ojo y ojo cabe un ojo? ¿O que esa misma medida coincide con el ancho de las aletas de la nariz? Si no lo crees mírate al espejo, o ¡ven a clase de EPV!

Teresa Puy

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter