Este luns 23 de novembro, os alumnos de 2º e 3º da ESO fixemos unha excusión á Alameda para participar nun taller didáctico organizado pola Fundación Naturgy.
Todo desenvolvíase nun ecocamión un tanto especial. Subímos, sentámonos e abrochámonos os cinturóns de seguridade, nunhas cadeiras que permitían xirar 360º proporcionando unha panorámica completa, coma se dunha nave espacial se tratara. Dispoñiámonos a sair polo espazo atravesando a atmósfera. Algún compañeiro agarraba a súa cadeira con todalas súas forzas e cara de velocidade, cando a comandante informounos do despegue. Pena que todo fora un simulacro! As luces e un robot eran as únicas cousas que se movían alí.
Vendo a contaminación local nas nosas cidades, ata a contaminación global de todo o planeta reflexionamos sobre a economía lineal que consume materias primas e enche o planeta de lixo. Tamén falamos da enerxía que necesitamos e o que custa obtela, coñecendo as centrais térmicas da nosa contorna e o que alí se fai.
Todo foi unha boa excusa para falar da transición enerxética á que estamos avocados. E ahí entramos nós:
- futuros inxeñeiros para desenrolar toda a investigación necesaria para obter novas formas de enerxía.
- futuros consumidores e productores para valorar e apoiar a economía circular.
- mozos para escoller estilos de vida máis respetuosos co medio ambiente.
Os alumnos de 2º ESO xunto coa a profesora acompañante.