Achegándonos á meta
Pouco a pouco imos avanzando no noso Camiño cara a Santiago e xa estamos a piques de chegar á cidade do Apóstolo. Tan só nos quedan dúas pequenas etapas.
A primeira delas realizarémola este sábado, día 11, partindo ás 8:00 h. do Seminario Menor. Faremos a pé o percorrido existente entre o lugar de Pontevedra (preto de Negreira) e o lugar de Roxos, de tal xeito que o sábado 25 teremos tan só uns pouquiños kilómetros para chegar con calma á Misa do peregrino e concluir cun xantar de confraternidade.
Recordemos que é preciso anotarse, mandando un correo a santiromero@smasuncion.es
Mes das Letras
No Seminario Menor estamos inmersos no Mes das Letras. Do 23 de abril, Día do Libro ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, moita da actividade do Centro xira en torno ao libro, a literatura e a normalización da lingua galega nun sentido amplo. Visitas a bibliotecas, xogos de pistas literarios, exposición de libros, de fotografías, o amigo invisible, os 25 anos do Xabarín, os 40 da revista Encrucillada… E tamén, como non, afondamos na figura homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas: Antón Fraguas. Esta tarde teremos con nós ao historiador don Clodio González Pérez, membro destacado do Museo do Pobo Galego, que nos axudará a entender mellor o inmenso labor cultural levado a cabo por Fraguas.
Queres participar con nós? Agardámoste!





