En camiño cara a Pascua
Xa estamos metidos de cheo no tempo da Coresma. Este mércores recibiamos a imposición da cinza na Santa Misa presidida polo Sr. Arcebispo e durante estes días, por cursos, estamos tamén a ter as celebracións propias deste tempo.
Por diante quedarán distintas xornadas e celebracións, como a convivencia deste fin de semana, coa comunidad de internos no santuario de Nosa Señora dos Milagres.
É un tempo propicio para revisar a vida, cambiar o rumbo, “recalcular o percorrido” e chegares así, con paso a decidido e ansias de santidade, a celebración da Pascua.
É un camiño duro, pero unha fermosa meta. Acompáñasnos?
Encontro de Antigos Alumnos e Amigos do Seminario
Como colofón da súa Semana Cultural, o Seminario Menor ven de celebrar o Encontro de Antigos Alumnos e Amigos do Seminario. Ao longo da mañá houbo tempo para percorrer as exposicións, os espazos nos que moitos deles habitaron durante varios cursos e intercambiar recordos e impresións do seu paso por Belvís.
Aínda que se trataba dun encontro interxeneracional con distintas promocións, tiveron un lugar destacado os que remataron aquí os seus estudos fai agora 50 e 25 anos, deixando como recordo simbólico desta xornada, unha nova árbore nos espazos axardinados do centro formativo. A xornada completouse coa celebración da Santa Misa pedindo por aqueles que xa non están e unha comida á que se sumaron preto dun centenar de comensais.





